RCD / NOVAS

Arizmendi, con hemicrania, única ausencia no adestramento desta tarde do primeiro equipo

- Foto: Carmen Martínez Torrón - Javier Arizmendi, afectado de migraña, foi a única ausencia do adestramento do Deportivo esta tarde en Abegondo. Os Servizos Médicos agardan que mañana o dianteiro deportivista póidase incorporar ao traballo.

26/03/2014 21:15

Pola súa banda, Marchena completou con normalidade unha nova sesión e podería recibir a alta médica nos próximos días. Toché continúa cos fisioterapeutas no vestiario da cidade deportiva.

Fernando Vázquez insistiu esta tarde en afinar a puntaría dos seus dianteiros: Ifrán, Luís e Borja. Ademais, un circuíto físico, exercicios de posesión e presión e partidillos a espazo reducido, co persoal dividido en tres equipos, puxeron o punto final a un adestramento de case dúas horas de duración.

Mañá xoves, o persoal gozará dunha xornada de relaxación en Zona Fit, o ximnasio do Deportivo sito nos baixos de Riazor. Será a partir das 10.30 horas.

Antes, ás 10.00, Diego Ifrán comparecerá en rolda de prensa tras o seu debut oficial co Dépor o pasado domingo en Zaragoza.

Ao finalizar, todo o persoal, ademais de técnicos e auxiliares, gozarán dunha comida no Restaurante do Monte de San Pedro.

Máis novas de: MARCHENA, FERNANDO VAZQUEZ, ARIZMENDI

RCD / Noticias Relacionadas