RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Aroa Guerra, procedente do Orzán SD, nova incorporación ao Dépor ABANCA B

Aroa Guerra del Río (A Coruña, 9 de decembro de 2003) incorporouse ao cadro do Deportivo ABANCA B, que a próxima temporada xogará o campionato de Primeira División Nacional, grupo 1, despois de conquistar o título da Primeira División Galega na campaña 2018-2019.

Aroa, que procede do Orzán SD, xoga como dianteira. A pasada temporada, con só 15 anos formou parte do combinado galego sub-17 que disputou o Campionato de España de seleccións territoriais.

Deste xeito, o Orzán SD continúa a súa estreita colaboración co RC Deportivo, froito da cal xurdiron fai xa tres anos os equipos femininos branquiazuis, o Deportivo ABANCA e o Deportivo ABANCA B.