RCD / NOVAS

Arranca o Mundial de Rusia para Michael Krohn-Dehli e Francis

15/06/2018 21:14

- Foto:@DBUfodbold -

Arranca o Campionato do Mundo de Rusia para os embaixadores do RC Deportivo na gran cita futbolística. Os dous primeiros en entrar en xogo serán Michael Krohn-Dehli, con Dinamarca ante Perú; e Francis, con Nixeria fronte a Croacia; ambos os mañá sábado 16 de xuño.

O domingo 17, a quenda será para Celso Borges con Costa Rica; e Fabian Schär con Suíza. Queda para o luns 18 o histórico debut de Panamá co fabrilista Ismael Díaz.

Este é o calendario de partidos da fase de grupos mundialista para os 5 deportivistas:

Michael Krohn-Dehli

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Area (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Francis Uzoho

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Celso Borges

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA, no Rostov Arena

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Ismael Díaz

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, no Nizhny Novgorod Stadium

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)

Máis novas de: KROHN-DEHLI, BORGES, SCHÄR