RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Arrancan a competición oficial Deportivo ABANCA B e Xuvenil A

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Deportivo ABANCA B e Xuvenil A, inician este sábado 4 de setembro lonxe de Abegondo a competición ligueira en Primeira Nacional e División de Honra respectivamente.

O filial feminino visita ao Viajes InterRías FF (18:30 horas) e o actual campión de España comezará a defensa do seu título nacional en Oviedo (17:00 horas).

En canto ao resto de equipos, continúan con amigables de preparación desde este venres o Fabril, Xuvenil B, Cadete e Infantil.

O filial masculino enfróntase ao Betanzos CF no Municipal García Hermanos no seu último test de pretemporada. O conxunto local, un histórico do fútbol galego, milita actualmente en Preferente Autonómica. En xogo estará a XI edición do Trofeo Cidade de Betanzos.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira RFEF
XI Trofeo Cidade de Betanzos
BETANZOS CF - FABRIL, o domingo 5 de setembro ás 19:00 no Municipal García Hermanos

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 1ª xornada: VIAJES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 4 de setembro ás 18:30 no Campo Novo San Pedro (Vilalonga, Sanxenxo)

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 1ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o sábado 4 de setembro ás 17:00 en El Requexón (Oviedo)

Amigable: XUVENIL B - CD CALASANZ A, o venres 3 de setembro ás 18:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría cadete
Amigable: CADETE - CD CALASANZ B (xuvenil), o sábado 4 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL - CD CALASANZ B (cadete), o sábado 4 de setembro ás 10:30 no campo do Pinar (Vizoño)