RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Arranque goleador do Benxamín B na Primeira C

O Benxamín B arrincou de maneira sobresaliente a súa participación na Primeira C ao derrotar (8-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF B.

Íker -3-, Hugo -2-, Mario -2- e Sergio foron os goleadores branquiazuis nun encontro correspondente á 2ª xornada, posto que a 1ª, prevista o pasado sábado, foi aprazada polo temporal de vento e choiva que azoutou ese día A Coruña e a súa comarca.

Benxamín B: Alejandro, Mario, Antón, Sergio, Leo, Íker, Thiago e Yael. Tamén xogaron: Nico, Hugo, Brais e Mateo.

A próxima semana non haberá competición ligueira, que se retomará o sábado 14 de decembro co partido entre o CD Calasanz C e o Benxamín B.

Os resultados até a data do Benxamín B son os seguintes:

Ural CF C - Benxamín B, aprazado
Benxamín B 8 (Íker -3-, Hugo -2-, Mario -2- e Sergio) - Atlético Coruña Montañeros CF B 0