RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Arribas advirte que a situación do Dépor na clasificación é ''anecdótica''

Alejandro Arribas aseguró esta mañana na sala de prensa de Abegondo que "o equipo prepara todos os partidos con moitas ganas, con moita ilusión, con moito traballo durante toda a semana".

Opina que a filosofía do vestiario é ir "partido a partido. Tentar sumar en todos os partidos o máximo posible, se poden ser tres puntos ben, se non pois un. E aos poucos seguir sumando eses puntos".

Cre o central deportivista que a actual clasificación do Dépor é "anecdótica, pero cuantos máis puntos sumemos é o obxectivo, que é a salvación. Hai que sumar un número determinado de puntos, e mentres esteamos nunha boa dinámica e con eses puntos que queremos, vai ben a cousa".

Do rival, o Athletic Club, Arribas veo como un dos poderosos: "Está a arrincar agora. Colle agora a dinámica boa. En teoría ten que estar máis arriba".