RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Arribas e Mosquera adestráronse esta mañá co grupo

Cara ao encontro deste sábado 15 de abril en Riazor (13:00, Bein Sports), Pepe Mel incidiu esta mañá, no adestramento diario do primeiro equipo, en tarefas de fútbol: un exercicio lúdico con tres porterías, logo un traballo defensivo e, para concluír no céspede, un partido de área a área no campo 2.

Esta mañá, Arribas e Mosquera, este sen alta médica, reincorporáronse ao grupo. Fernando Navarro e Juanfran adestráronse co readaptador, Fran Molano. Os fabrilistas Monsalve e Lucas estiveron hoxe co Dépor.

Mañá mércores, o equipo regresa a Riazor, nunha sesión a porta pechada que se iniciará ás 10:30.