RCD / NOVAS

Arribas: "É un momento difícil, temos que estar todos xuntos, remar na mesma dirección"

11/05/2017 20:59

Alejandro Arribas recoñeceu na sala de prensa de Riazor, unha vez finalizado o adestramento desta mañá no estadio, que "é un momento difícil para o Deportivo, temos que estar todos xuntos, remar na mesma dirección. Unha vez que termine a temporada, que cada un faga balance do que pasou, que cada un se exprese como considere. Ata que non termine a temporada, canto máis xuntos esteamos moito mellor".

Do Villarreal, rival este domingo ás 20:00 horas (Bein Sports), di o central deportivista que "me preocupa todo. Ten cinco dianteiros moi bos. Os extremos son bos... todos. Teñen un equipazo, as ideas moi claras. Saben en todo momento o que teñen que facer. Están aí arriba por algo. Se están entre o seis primeiros durante tantos anos ao final é porque están a facer as cousas moi ben".

No entanto, o vestiario deportivista, segundo Arribas, "está con ánimo, con ganas de pechar a temporada, de tentar que esta temporada, que non foi boa, acabe canto antes. A mellor maneira é que o domingo o equipo sume 3 puntos e mire de face á próxima tempada, que é importante".

Opina que en Vilarreal, para sacar algo positivo, "o Deportivo debe de xogar como en casa. O equipo ten que ser valente, xogar como xogou a segunda parte do outro día. Un equipo que quere, que ten gañas. Logo conseguirao ou non. Pero polo menos vai cara a adiante sen medo e con esas gañas de querer gañar. E iso é o que imos tentar, ir a por todas e a por os tres puntos".

Do seu erro que custou o pasado domingo o primeiro gol do partido de Leo Baptistao, manifestou que "é a primeira vez que me pasa na miña carreira. Hai cousas que sempre chegan, como pasa na vida. Un fallo, unha aprendizaxe máis. Espero ter aprendido para na próxima non volver caer. Eu sigo traballando e seguirei fallando. O fútbol é así. Un sempre segue cometendo erros. O máis importante é ir aprendendo para, aos poucos, ir cometendo os menos posibles".

Máis novas de: ARRIBAS

RCD / Noticias Relacionadas