RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Arribas: "Estou preparado e con moitas ganas"

Alejandro Arribas, autor onte do gol do empate en Mendizorroza ante o Alavés na volta dos oitavos de final da Copa do Rei, compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

Sobre o empate final, dixo estar "non moi contento porque era unha oportunidade moi boa para poder pasar a eliminatoria e meternos en cuartos; e seguir disputando partidos que creo que é importante sobre todo para a xente que está a xogar menos. É importante seguir competindo a bo nivel e se algún día pois se necesita, estar preparados".

A nivel individual, destaca o central deportivista, "un gol máis e contento por iso".

Do choque de onte mércores ante o Alavés, manifestou Arribas que "se nos puxo moi ben porque no minuto 48 ou 49 expulsaron a un deles. En dez minutos empatamos o partido. Tivémolo aí, a un paso de poder pasar a eliminatoria. O que dixo o míster, faltounos un pouco de tranquilidade co balón, co marcador que estabamos aí a un gol de poder pasar a eliminatoria, e de chegar con máis claridade á área rival. Tivemos as nosas ocasións e o porteiro estivo acertado".

Sobre a súa temporada, o defensor deportivista insiste en que "fago o meu traballo. Páganme para iso. Tento facelo o mellor posible e estou preparado para cando o míster diga. De momento non me elixiu nunca na liga e oxalá me poida elixir algún día".

Márcase como obxectivo Alejandro Arribas "seguir traballando para ter unha oportunidade na liga. No meu caso particular sigo traballando todos os días para algún día me elixan, que esta tempada non pasou nunca".

Si recoñece estar decepcionado: "Todo o mundo que non xoga está decepcionado por non poder participar máis. Eu tento facer cada partido que xoguei o meu traballo. Fíxeno o mellor que souben. E aí queda. A decisión non é miña, é do adestrador. Seguirei traballando para que se un día me elixen poder facelo igual ou moito mellor que o que o veño facendo".

Por este motivo, insiste en que está "preparado e con moitas ganas para que, se de aquí a final de tempada chega o momento que me poidan elixir, estar preparado".