RCD / NOVAS

Arribas: Nos partidos do Raio pode pasar calquera cousa. Fai un fútbol moi alegre e ofensivo

Alejandro Arribas compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Aprovechó en primeiro lugar a súa presenza ante os medios de comunicación para desexar "moita sorte" a Haris Medunjanin, recién desvinculado do RC Deportivo. "É un xogador e unha persoa fantástica", manifestó.

29/01/2016 13:58

Tamén se referiu a Pedro Mosquera e á súa saída neste mercado de inverno: "Encantado que quede connosco. É unha peza fundamental para este equipo. Esta é a súa casa".

Insiste Arribas en que "vimos moitas veces xogadores que no seu momento puideron irse a outros grandes clubs e preferiron quedar en casa porque como en casa non se está en ningún sitio".

Iso si, reinvindica o central a amplitude do persoal branquiazul: "Cando Pedro faltou conseguimos empatar no Camp Nou. Ningún é indispensable, si importante, hai xogadores moi importantes. Pero todos pódense substituír. No equipo hai xogadores como Juan Domínguez que non está a xogar moitos minutos e tamén pode xogar no centro do campo".

Do Raio, rival do Dépor este luns 1 de febreiro en Riazor (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol), di Arribas que "é un equipo especial. Ten unha afección magnífica. Todos os anos que estiven alí tratáronme fantasticamente ben. Sempre me apoiaron e iso que nos salvamos na última xornada. Estiveron ata o último momento apoiándonos. Non podo dicir nada que non sexan boas palabras".

Subliña que "nos partidos do Raio pode pasar calquera cousa. Fai un fútbol moi alegre e ofensivo. Gústalles xogar. Veñen nunha boa dinámica. Gañaron o último partido en casa ante un rival difícil como é o Celta. Colleron puntos, colleron confianza e vai ser un partido moi complicado".

De todos os xeitos, cre Arribas que "nós en casa temos que volver á senda do triunfo. Imos pór todo o que teñamos para lograr o tres puntos".

Máis novas de: ARRIBAS