RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Arribas: O punto é moi bo. Todo o que sexa sumar é moi positivo para nós

Alejandro Arribas foi o autor do gol que supuxo o empate definitivo ante o Athletic Club. Unha igualada que confirma ao Dépor como o equipo da liga BBVA que más mellorou respecto da oitava xornada da tempada pasada, con 6 puntos más d

Recalca o defensor deportivista que "o punto é moi bo. Todo o que sexa sumar é positivo para nós".

A pesar da sexta posición, Arribas mantén os pés no chan: "O descenso está en 6 puntos, nós temos 13. Temos entón + 7. Mentres siga así toda a tempada estaremos contentos e iso é o que tentamos buscar".

Do partido do próximo sábado 24 de outubro en Málaga (22.00 horas, TVE), lembra Arribas que "fóra de casa estamos ben, facendo as cousas moi ben. O Málaga está abaixo, necesita sumar puntos como sexa. Creo que vai ser un partido moi complicado e ao final xa veremos a ver o que ocorre".