RCD / NOVAS

Arribas subliña que ''é momento de ter esa confianza para poder gañar os partidos''

Alejandro Arribas, que arrancó esta semana de adestramentos cunhas molestias nun xemelgo debido a un golpe sufrido o pasado sábado en Gijón, aseguró hoxe xoves, a pouco más de 48 horas para o choque deste sábado 13 de febreiro ante o Real Betis en Riazor (22.05, TVE), estar preparado e a disposición de Víctor Sánchez do Amo: "Para perderme eu un partido, moi complicado téñoo que ter. Algo moi grave tívenme que facer. Non adoito deixar de estar dispoñible para o míster. Tenía unhas molestias, pero estou ben e preparado para o sábado", subliña.

11/02/2016 20:39

Sobre o últimos catro empates do Dépor, o central madrileño asegura que no vestiario "vemos catro puntos, non catro empates. Seguimos sumando. O equipo é un dos equipos que menos partidos perdeu esta tempada, por algo será. Quitando o partido co Real Madrid, en todos os demais creo que o equipo competiu moi ben, e estivo metido no partido durante o noventa minutos".

Lembra Arribas que "tal e como dixo o míster, está moi igualada toda a liga. Ao final esa igualdade é o que ten, a 'X'. Nos partidos non hai tanta diferenza para que un dos dous leve a vitoria".

Do partido deste sábado ante o Betis, di o defensor deportivista que "agora temos uns partidos contra rivais da nosa Liga, pola pelexa pola permanencia. O Betis é un deles. É un partido moi importante para nós".

Do ex deportivista Rubén Castro, agora nas filas béticas, explica Arribas que é "un grandísimo dianteiro, leva demostrándoo moitos anos. É o seu goleador, a súa estrela aí en ataque. Nós tentaremos controlalo o mellor que podamos e que non teña opcións de marcar goles".

Ante este tramo de calendario, con rivais como o Betis, Espanyol e Granada, asegura o central deportivista que "nos faltan 9 ou 10 puntos para cumprir o obxectivo e xa estariamos máis ou menos salvados. Oxalá podamos facelo canto antes, é o que desexamos, e sobre todo contra rivais directos que tamén inflúe que eles tampouco sumarían. E habería un pouco máis de distancia. Temos unha nova oportunidade este fin de semana".

Segundo Arribas, os empates veos como "unha virtude, máis que outra cousa. Moitos equipos no canto de empatar perden, sobre todo os da parte de abaixo. Nós empatamos e imos sumando. Quitando o tres de arriba, somos o equipo que menos partidos perdeu. Por algo será, porque temos un equipo moi bo e que defensivamente o equipo está moi ben. E en ataque a xente de arriba está acertada e creo que no canto de perder, empatamos. Eu miro o vaso medio cheo, non medio baleiro".

Por esta razón, insiste en que "o equipo está confiado, a xente ten confianza. Se non temos confianza en nós mesmos tal e como imos, creo que a tempada está a ser moi boa, o equipo está nunha zona media-tranquila, pois ¿cando a imos a ter? Se algún día estamos abaixo, que esperemos que non, aí a confianza empeza a fraquear. É momento de ter esa confianza para poder gañar os partidos".

Máis novas de: ARRIBAS