RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Arribas: Todo o mundo asinase por estar así a estas alturas

Alejandro Arribas manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o Deportivo chega a este terceiro parón ligueiro "ben situado na táboa. Estamos nunha zona tranquila. Todo o mundo asinase estar así a estas alturas

A pesar de levar cinco partidos sen gañar, o central deportivista apunta que "todo o que sexa sumar, e máis contra rivais directos e na súa casa, como é o caso do Levante, pode ser positivo".

Recoñece Arribas que o gol levantinista o pasado sábado no Ciutat de Valencia "é un erro que non temos que cometer. Pasa o balón polo medio da barreira, o porteiro non ve o balón e empátannos o partido. Eles estaban a xogar ben, estaban a apertarnos, pero creo lembrar que tiraron unha vez con perigo, que fixo unha boa parada Germán. O resto creo que non tiraron a portaría máis. O partido estaba controlado".

Do derbi ante o Celta do próximo sábado 21 de novembro en Riazor (22.05 horas, TVE1), o defensor deportivista apunta que "todos estamos ilusionados con este partido. Non nos queda outra que ir a por o tres puntos e máis en casa, que fai xa cinco xornadas que non gañamos".

Precisamente do Celta di que ten "un xogo que todos coñecemos. Xogue contra o rival que xogue sempre o fai da mesma maneira. Sempre vai a por o partido. Crea moitas ocasións, moitas situacións de perigo. Eu vin o partido da Valencia, tivo moitas ocasións. O que pasa que uns días as metes e outros días non estás tan acertado. O resultado non reflicte o que foi".

Sobre o dianteiro céltico Iago Aspas, co que compartiu vestiario a pasada tempada no Sevilla, Arribas opina que "é un xogador magnífico, que todo o mundo quixese ter no seu equipo. Futbolísticamente falando é moi, moi bo. Este ano está a meter goles, está a demostralo. Con confianza creo que cada vez é mellor. Persoalmente lévome moi ben con el. O ano pasado tivemos moi boa relación e nada máis. Non pódoche dicir nada negativo".