RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Arribas ve ao equipo "aos poucos mellor" e Bicho quere "convencer ao míster para quedarme"

Alejandro Arribas e Bicho atenderon aos medios de comunicación no Estadio da Lomba, nada máis concluír o segundo amigable do Deportivo esta pretemporada.

Así, o central deportivista asegura que "aos poucos o equipo vai mellor". Manifestou estar contento por marcar goles, "que non adoito facer habitualmente. E se metes dous moito mellor, que non meto desde xuvenís".

Apunta que é momento de "entradas e saídas. É o que toca. Igual que cando chegas a un equipo novo queres que che acollan ben, nós tratamos de facer o mesmo".

Preguntado sobre o central canteirán Róber, Arribas, compañeiro no centro da zaga nesta segunda metade, opina que o viu "moi ben, con ganas de mellorar, de aprender. Véxolle que o ano en Segunda División estivo a xogar bastantes partidos. Mellorou moito, esperamos que siga mellorando e siga connosco".

Outro canteirán, Bicho, expresou publicamente o seu desexo no seu regreso ao Deportivo: "Convencer ao míster de quedarme e aprender dos profesionais que teño á beira".

O canteirán, que se retirou do encontro desta tarde uns minutos antes de finalizar debido a unha leve sobrecarga, mostrouse "moi contento. Estou a atoparme moi ben, pero isto acaba de empezar e teño que seguir igual".

Confesou que ao marcharse moi novo do Dépor, "as experiencias que vivín axudáronme a crecer como persoa".