RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Arrinca a primeira semana completa de campaña de abonos con 2.500 socios

A campaña de abonos 2017-2018, que arrincou o pasado mércores, reactívase o luns 10 de xullo para afrontar a súa primeira semana completa de funcionamento. A Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR despachou xa 2.500 carnés no primeiros tres días e medio de actividade de renovación e altas.

Lémbrase a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, teñen á súa disposición en calquera momento o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono ao longo de toda a campaña. Polo momento 1.122 abonados utilizaron o servizo.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD permanecerán abertos de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O sábado 15 o horario é de 10:30 a 13:30 h.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es  ou no teléfono 981 259 500 extensión 1, ademais de consultar todos os detalles da campaña aquí.