RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Arrincaron os DéporCampus Cabreiroá de Semana Santa en Carballo e Ordes

Hoxe ás 09:00 h. comezaron os DéporCampus Cabreiroá de Semana Santa con máis de 70 participantes entre as súas dúas sedes de Carballo e Ordes.

Os técnicos da canteira do RC Deportivo desprazaranse desde hoxe e até o vindeiro mércores a ambas as localidades para gozar de tres intensas xornadas de fútbol con todos os nenos e nenas participantes nestas actividades de carácter lúdico que organiza a Fundación RC Deportivo.

Durante esta primeira sesión entregóuselles o material deportivo a todos os asistentes, composto por un equipamento e unha máscara do Dépor, para posteriormente dar comezo aos adestramentos.

Mañá martes a xornada estará baseada en xogos predeportivos ademais da competición e o mércores finalizará cunha gimkana composta por diversos desafíos técnicos antes da cerimonia de clausura coa entrega de diplomas e sorteo de agasallos.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade poden contactarse coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es