RCD / NOVAS

Ás 17.00 arrincan no Estadio de Riazor as finais do Mini Teresa Herrera

Como é tradicional, as finais do Mini Teresa Herrera serán o preámbulo da 68 edición do Trofeo Teresa Herrera que ás 19.00 horas enfronta en Riazor ao Deportivo e ao Real Madrid.

29/08/2013 13:20

Así, ás 17.00 dará comezo o final alevín, no campo pegado á bancada de Pavillón, entre o Calasanz C e o Imperator C. Na metade de campo da bancada de Maratón, mediranse na final benjamín o Deportivo e o Oza Xuvenil.