RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As camisetas de todo o equipo do Dépor, asinadas por Mauro Silva, a sorteo entre todos os socios que acudan ao Dépor-Sevilla

Ademais da mensaxe de unidade, ánimo e esperanza de Mauro Silva á súa chegada a Coruña o pasado mércores, a lenda branquiazul quixo deixar asinadas 25 camisetas, unha de cada un dos xogadores do equipo do Dépor. Xunto á súa firma, a do adestrador do Dépor, Clarence Seedorf e a do futbolista dono da camiseta, coa que o equipo e o Club queren agradecer aos socios o seu apoio durante a temporada e especialmente neste tramo decisivo da competición.

As 25 camisetas serán sorteadas entre todos os socios do Dépor cuxo carné de socio sexa utilizado para acceder ao partido Dépor-Sevilla para animar ao equipo nun dos choques máis transcendentais da temporada.

Todos os códigos dos carnés lidos, como en anteriores sorteos, entrarán nun sistema automático de xeración aleatoria de números para determinar que 25 socios do Dépor levan cada unha das camisetas de #OsNosos asinadas por Mauro Silva.