RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

As campioas de Europa Teresa e Malena incorpóranse aos adestramentos co Dépor ABANCA

O Deportivo ABANCA afronta a súa terceira semana de pretemporada co regreso aos adestramentos das súas dúas campioas de Europa sub-19, Teresa Abelleira e Malena Mieres. As dúas gozaron duns días de descanso despois de colgarse a medalla de ouro no torneo celebrado en Suíza o pasado mes de xullo.

Só faltan por incorporarse ao traballo Michelle Romero, con permiso; e Nuria Rábano, que participa este mes de agosto con España no Mundial sub-20 en Francia.

Esta semana haberá unha única cita en forma de amigable para as branquiazuis. Será o domingo 12 de agosto ante o Imperátor (Segunda Autonómica), nos cuartos de final da Copa Deputación.

Manu Sánchez, técnico deportivista, planificou estes adestramentos:

Luns 6 de agosto
Descanso

Martes 7 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 8 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 9 de agosto
19:00: Adestramento en Abegondo

Venres 10 de agosto
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 11 de agosto
Descanso

Domingo 12 de agosto
Cuartos de final da Copa Deputación, h.s.c.: Imperátor - Deportivo ABANCA