RCD / NOVAS

As canteirás Patri López e Carlota, novidades na lista do Dépor ABANCA

15/02/2020 10:22

O Dépor ABANCA visita ao Rayo Vallecano mañá domingo 16 de febreiro (18:30 horas, Cidade Deportiva do Rayo Vallecano), en partido correspondente á 20ª xornada na Primeira Iberdrola.

Manu Sánchez, en rolda de prensa, cualificou ás rayistas de "un moi bo equipo e sobre todo moi sólido. Imos tentar recuperar esa boa senda que levabamos en liga. Agora véñennos tres partidos moi seguidos, co partido de Vallecas, o aprazado ante a Real Sociedad e despois o Sporting Huelva o sábado. Imos ver se podemos sacar un bo número de puntos para seguir aí arriba enganchados".

Manu Sánchez leva a Madrid a 18 futbolistas, entre as que sobresaen as canteirás Patri López e Carlota. Quedan fóra de maneira obrigatoria Alba Merino, sancionada; e Laura, con molestias nun xeonllo.

Esta tarde, ás 18:30, o equipo adestrarase na Cidade Deportiva do Real Madrid en Valdebebas, na última sesión previa ao choque ante as vallecanas.

O Dépor ABANCA viaxa esta mañá, segundo esta folla de ruta:

Sábado 15 de febreiro
9:00: Saída en autocar a Madrid e comida en ruta
16:30 (horario aproximado): Chegada ao hotel AC Coslada
18:30: Adestramento na Cidade Deportiva do Real Madrid en Valdebebas

Domingo 16 de xaneiro
18:30: Rayo Vallecano - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do Rayo Vallecano
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña