RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As caras novas do Deportivo e do Dépor ABANCA presentáronse ante a afección en Marineda City

As novas fichaxes do Deportivo e do Dépor ABANCA presentáronse ante os afeccionados branquiazuis nun acto que tivo lugar en Marineda City.

A praza Emilia Pardo Bazán do centro comercial acolleu esta presentación, na que os xogadores e as xogadoras vestiron ao completo a colección Macron 2019-2020 para o Club dispoñible no tres DéporTiendas (Marineda City, ABANCA-RIAZOR, Real 59) e en deportienda.es/gl.

Non puideron acudir á cita os tres internacionais convocados agora mesmo por diferentes seleccións nacionais: Gaku Shibakasi (absoluta de Xapón), Víctor Mollejo (sub-19 española) e María Méndez (sub-19 española feminina).

Deste xeito, Koke Vegas, Luis Ruiz, Beto da Silva, Borja Galán, Salva Ruiz, Ager Aketxe, Peru Nolaskoain, Mamadou Koné, Saša Jovanović, Javi Montero, Vasileios Lampropoulos e Samuele Longo por parte do conxunto masculino; Noelia Villegas, Athenea do Castelo, Esther Sullastres e Misa, por parte do equipo feminino, saíron á pasarela a lucir modelos e recibir o aplauso da inchada.

Ademais, cada un deles e elas lanzou unha pelota aos afeccionados. Unha pelota con premio dobre: o propio esférico e un agasallo engadido: abonos, camisetas e balóns de regulamento.