RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As cinco últimas fichaxes entran na lista de 18 convocados pare recibir mañá ao Albacete Balompié

Juan Antonio Anquela citou a 18 futbolistas, entre eles o fabrilista David Sánchez, para recibir mañá sábado 7 de setembro ao Albacete Balompié en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, Movistar LaLiga). Todos eles concentraranse esta noite no hotel Meliá María Pita.

A novidade é a presenza na lista de Víctor Mollejo, que esta mañá se adestrou por primeira vez en Abegondo; ademais de Montero, Jovanović, Beto da Silva e Salva Ruiz, que xa debutaron coa camiseta branquiazul no amigable do pasado mércores na Malata ante o Racing de Ferrol.

Causan baixa por lesión nesta xornada Borja Valle, Somma, Nolaskoain e Longo; ademais de Gaku Shibasaki, concentrado con Xapón.

No adestramento desta mañá, após un quecemento e uns rondos, os futbolistas realizaron un exercicio de remates a portería, un partido a metade de campo e, para concluír, un repaso ás accións de estratexia.

Ademais do convocado David Sánchez, os fabrilistas Boian, Gandoy, Mujaid e Javi Sánchez tamén estiveron hoxe ás ordes de Anquela.

Finalizado o choque ante o Albacete, o cadro adestrarase de novo o martes 10 de setembro ás 10:30 horas en Abegondo.