RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As Deportivistas Gaby, Kika e Michelle, citadas con Venezuela para un torneo en Lezama

As xogadoras do Deportivo ABANCA Gaby, Kika e Michelle Romero están convocadas polo seu país, Venezuela, para disputar a Basque Country International Women`s Cup do 8 ao 11 de abril en Lezama e Zubieta (País Vasco).

O combinado venezolano medirase o xoves 8 de abril ás 21:00 horas en Lezama á Selección de Euskadi. Arxentina e Nixeria disputarán a outra semifinal, ás 18:30 en Zubieta.

Os gañadores xogarán a final o domingo 11 de abril ás 11:45 en Zubieta; mentres que os perdedores pelexarán polo terceiro e cuarto posto o sábado 10 de abril ás 11:45 en Lezama.

Athenea acode á chamada de España promesas (sub-23)

Pola súa banda, Athenea del Castillo foi citada para pola selección española promesas, categoría sub-23, para uns adestramentos en Marbella do sábado 10 ao luns 12 do próximo mes de abril.

A atacante do Deportivo ABANCA continúa coa súa progresión imparable no mundo do fútbol. Así, acaba de recibir o premio Fútbol Draft de Ouro 2019-2020 como interior dereita pola súa irrupción na Primera Iberdrola a pasada temporada.

Habitual nas citacións das categorías inferiores, debutou coa selección absoluta feminina o pasado 23 de outubro de 2020 no Estadio da Cartuxa de Sevilla fronte á República Checa (4-0).

Athenea causou baixa por sanción no partido do Deportivo ABANCA o pasado sábado ante o Real Madrid en Abegondo, pero estará dispoñible para Manu Sánchez de cara á visita ao Atlético de Madrid deste sábado 3 de abril ás 12:00 horas no Centro Deportivo Wanda Alcalá de Henares.