RCD / NOVAS

As entradas para o Málaga-Dépor, á venda na OAD até o xoves

14/11/2017 11:54

O RC Deportivo pon á venda hoxe martes na OAD as entradas para o encontro da 12ª xornada de LaLiga Santander ante o Málaga CF, o vindeiro domingo 19 de novembro ás 12:00 horas no estadio da Rosaleda.

As entradas teñen un prezo de 20 euros e corresponden á bancada Fondo Norte Alto.

Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 entradas e será imprescindible mostrar o DNI do destinatario dos billetes, pois serán nominativos.

Os afeccionados interesados poderán adquirir as entradas na Oficina de Atención ao Deportivista, no seu horario habitual (de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas) hoxe martes, mañá mércores e o xoves. Os peñistas deberán xestionalas a través da Federación de Penas.