RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As entradas para o partido en Córdoba, con buses pagos polo Club, á venda desde mañá na OAD

Desde mañá venres 12, a Oficina de Atención ao Deportivista, situada provisionalmente e até novo aviso nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, despachará entradas para o partido correspondente á 10ª xornada de LaLiga 1|2|3, que se disputará o sábado 20 no Nuevo Arcángel de Córdoba a partir das 20:00 horas.

O RC Deportivo pagará os autobuses para facilitar este desprazamento a terras andaluzas aos afeccionados que desexen apoiar ao equipo.

O prezo de cada entrada é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo. É imprescindible que polo menos unha das entradas sexa para o abonado.

Mañá venres, ao ser día de partido, a OAD permanecerá aberta desde as 11:00 horas até a hora do inicio do encontro ininterrompidamente.

Os billetes estarán á venda até o vindeiro xoves 18 ás 13:30 horas.

Os peñistas deberán xestionar as súas entradas a través da Federación de Peñas, que tamén distribuirá, para calquera socio ou afeccionado que teña no seu poder unha entrada, as prazas nos autobuses pagos polo Club.