RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As nosas encarrilan a final polo ascenso: 2-0 fronte ao Femarguín

Cunha Cidade Deportiva de Abegondo chea até a bandeira, o Dépor ABANCA saíu a por o partido para tratar de encarrilar a eliminatoria final da Fase de Ascenso á liga Iberdrola. E mellor non puideron empezar as cousas, cunha gran xogada e mellor remate para adiantarse no minuto 3. Balón peiteado por Gaby que recolle na frontal da área Peke para internarse e rematar con seguridade cruzado á portería canaria.

O Dépor ABANCA non se conformou con esa vantaxe e aínda que se relaxou os nervios iniciais, continuou buscando con insitencia a zona de perigo visitante. O dominio do Deportivo foi total na primeira parte na que Miralles foi practicamente unha espectadora máis.

Poucas intervencións realizou a gardameta branquiazul durante o partido, salvo un balón aéreo que atallou con seguridade e outro que se marchou alto pero que vixiou ben por se a traxectoria sorprendíaa. As ocasións chegaban por parte das deportivistas, que co paso dos minutos, aproveitando o desgaste e a calor, foron sendo máis incisivas por bandas, en especial desde a entrada de Michelle Romero e de Nuria.

A internacionla española atopou o premio ao traballo co primeiro gol da temporada nunha definición similar á de Peke na primeira parte, un disparo cruzado que supuxo o 2-0 definitivo.

A punto estivo Michelle Romero de pór un 3-0 máis tranquilizador para un partido de volta que se disputará en Arguineguín o vindeiro domingo ás 12:00 do mediodía, partido do que sairá un novo equipo de Liga Iberdrola para a próxima temporada. A 90 minutos de coñecer o desenlace, o Dépor ABANCA ten vantaxe de 2 goles para levar o play-off.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Silvia Mérida, Iris, Érika, Teresa Abelleira, Lía (Michelle, min. 66), Alba Merino, Maya (Nuria, min. 78), Peke e Gaby.

Goles: 1-0 Peke (min. 3); 2-0 Nuria (min. 81)