RCD / NOVAS

As probas confirman unha lesión na musculatura isquiotibial esquerda de Gaku Shibasaki

11/12/2019 20:45

Gaku Shibasaki foi sometido a probas médicas hoxe mércores para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a retirarse aos vestiarios antes de finalizar o adestramento desta mañá.

Os exames realizados a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo confirman unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna esquerda.

Por conseguinte, o internacional xaponés estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. A medida que a súa evolución o permita, pasará acto seguido á fase de readaptación deportiva co readaptador Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: GAKU SHIBASAKI