As probas médicas revelan que Ze Castro non ten lesión algunha
As diferentes probas médicas realizadas á primeira hora desta tarde ao futbolista do Deportivo Ze Castro revelan que non sofre lesión algunha no seu xemelgo.
O central branquiazul tívose que retirar no segundo tempo do encontro de Copa da UEFA ante o Hadjuk Split xogado o pasado xoves en Riazor a consecuencia dunha cambra muscular no xemelgo.