RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As últimas 251 invitacións, a disposición dos socios o martes desde as 11:00 nos despachos de billetes do Palacio

Após entregar hoxe aos socios 3.691 invitacións para animar ao Dépor fronte ao Sevilla, restan por ser despachadas 251 invitacións que se repartirán o día do partido, desde as 11:00 horas, nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor. No momento de esgotarse, o Real Club Deportivo informará puntualmente a través das súas canles de comunicación. Só se entregará unha entrada por carné pero cada socio poderá presentar todos os carnés que desexe no momento da retirada.

Aos socios asignaránselles entradas de Tribuna xa que o resto de localidades están esgotadas.

O Real Club Deportivo tamén lembra a todos os socios que por diferentes motivos non poidan acudir ao transcendental partido que poden ceder os seus abonos a terceiros. No caso dos carnés sen ningún tipo de bonificación poden cederllos libremente a calquera deportivista. Ademais, nesta ocasión, de maneira excepcional, os carnés bonificados tamén se poderán ceder libremente a calquera afeccionado.