RCD / NOVAS

As últimas entradas para o Real Oviedo-Dépor, á venda durante a semana na OAD

24/03/2019 13:00

A venda das últimas 300 localidades para o partido correspondente á 32ª xornada de LaLiga 1|2|3, que se disputará o domingo 31 de marzo no Novo Carlos Tartiere de Oviedo a partir das 18:00 horas (Movistar Partidazo) ante o Real Oviedo terá lugar na Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. até o vindeiro mércores 27. O xoves 28 de 10:00 a 13:30, que será cando conclúa a venda se non se agotaron antes.

As entradas dispoñibles teñen un prezo de 25 euros cada unha. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Ademais, todos aqueles Deportivistas que teñan a súa entrada para Oviedo poderán comprar, mostrando o ticket nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City, o equipamento branquiazul (Alicerces 1906) ou vermella (Noite Meiga) ao prezo promocional de 50 euros.