RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ASNOSAS visitaron a asociación para a inclusión de persoas con discapacidade intelectual Artefíos

Dentro da política de inclusión do Real Club Deportivo e de converterse nun altofalante dos axentes sociais da nosa comunidade, esta tarde as xogadoras do Dépor Abanca Teresa Abelleira, Alba Merino, Kika e Maya Yamamoto visitaron a Asociación Artefíos, asociación para a inclusión de persoas con discapacidade intelectual mediante a organización de actividades de tipo cultural.

A visita das xogadoras enmárcase dentro destas actividades para achegar a asociación á sociedade e para que o colectivo DI teña a oportunidade de coñecer o traballo que realizan outros profesionais de diferentes ámbitos do mundo socio laboral da cidade.

Durante a visita, todos os participantes intercambiaron experiencias sobre o traballo que realizan as artesás e artesáns da asociación e o que realizan as xogadoras do Deportivo Abanca.