RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea, baixa de última hora no Deportivo ABANCA para visitar mañá ao Athletic Club

O Deportivo ABANCA visita mañá domingo 29 (16:00 horas) ao Athletic Club en Lezama, en partido correspondente á 4ª xornada na Primeira Iberdrola.

O equipo branquiazul realizou esta mañá unha última sesión de traballo antes do choque ante un dos históricos do fútbol feminino nacional.

Manu Sánchez, técnico deportivista, leva a 18 futbolistas, entre elas as canteirás Patri Díaz, Carlota e María Calvo. Causan baixa de maneira obrigatoria as lesionadas Erika, Yamamoto e Athenea, esta con unhas molestias nun cuádriceps, pendente de avaliación médica nas próximas horas.

O Deportivo ABANCA desprázase este mediodía após a sesión matinal de hoxe en Abegondo, con esta folla de ruta:

Sábado 28 de setembro
12:30: Saída en autocar a Bilbao, con parada para comer
20:00: Chegada aproximada ao hotel NH La Avanzada en Leioa

Domingo 29 de setembro
16:00: Athletic Club - Deportivo ABANCA, en Lezama
Ao finalizar, traslado en autocar á Coruña