RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea, convencida: "Entre todos imos sacar isto adiante"

Athenea del Castillo compareceu esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, en vésperas de viaxar a Andalucía co Deportivo ABANCA para visitar ao Sevilla FC (11:00, #Vamos), en partido correspondente á 29ª xornada na Primera Iberdrola.

A atacante deportivista confesa que o equipo "está moi feliz. É o importante despois de gañar ese partido a pasada fin de semana en casa. O Dépor ABANCA afronta o partido con moitísimas ganas e ilusión por seguir sumando máis tres para conseguir esa permanencia".

Do Sevilla FC di que é "un rival moi agresivo. Está o noventa minutos correndo. Tivemos a sorte de que elas se enfrontaron o mércores en Copa ao Barça. As pernas vanlles a pesar un pouco porque é un partido que che esixe demasiado".

Destaca no conxunto andaluz a Claudia Pina, que "para min é unha grandísima xogadora"; á vez que insiste en que "imos tentar que non poidan saír co balón para que o teñan máis difícil á hora de chegar arriba. Presionando e roubando en campo contrario sentímonos máis cómodas. Imos saír con esa idea e tentar que non poidan xogar", engade.

Desvela ademais que o Dépor ABANCA sairá decidido a por o tres puntos: "Manu (Sánchez) díxonos que hai que ir presionar arriba e tentar xogar ben, como esta pasada fin de semana. Seguir coas boas sensacións e sumar máis tres para conseguir esa permanencia".

Nesta temporada tan complicada para o vestiario branquiazul, Athenea apunta que "aprendín moitísimas cousas. Unha delas é que o equipo está por encima de todo. Entre todos imos sacar isto adiante. O ano pasado tivemos a sorte de vivir a cara boa do fútbol e este ano estamos a vivir unha circunstancia máis complicada. É o que che fai crecer día a día. Ter que afrontar cada partido coma se fose o último e entre todas remar cara a adiante para conseguir ese obxectivo".