RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea incorpórase mañá luns á selección española sub-20

Athenea del Castillo foi convocada pola selección española sub-20 para unhas xornadas de adestramento na localidade malagueña de Marbella.

A dianteira cántabra do Deportivo ABANCA regresa ao conxunto sub-20 despois do seu debut coa selección absoluta o pasado 23 de outubro no Estadio da Cartuja de Sevilla fronte á República Checa (4-0).

A futbolista, titular esta tarde en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético de Madrid e autora do único tanto branquiazul, desprazarase a terras andaluzas mañá luns para concentrarse até o xoves 26 de novembro.