RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea opina que o Deportivo ABANCA "é un proxecto de futuro porque todas somos xogadoras novas. Está a tentarse manter o grupo"

Athenea del Castillo foi a protagonista hoxe xoves na sala de prensa virtual do RC Deportivo.

A atacante branquiazul confesa que está a vivir este período de incerteza "con moitísimos nervios. É unha situación bastante estraña. Teño moitas ganas de que isto empece e póidase solucionar todo da mellor maneira posible. Agora é o momento de quedar en casa e esperar".

Sente "un pouco de temor por como vai ir todo despois. Estou a traballar en casa como todas as miñas compañeiras. Facemos dinámicas grupales moitas veces. Lucía (Piñeiro), a nosa preparadora física, está a facer todo por nós. Enseguida imos estar enchufadas, porque non é o mesmo adestrar en casa que con todos os medios de Abegondo".

Tamén asegura que desde o Club transmíteselles tranquilidade: "A nós o que nos dixo o Dépor ABANCA é que esteamos tranquilas e que xa nos irán informando de todo".

A pesar de todas as circunstancias extradeportivas desta temporada, a dianteira deportivista cre que "a campaña que estamos a facer sempre vai estar aí, para o recordo de todos nós. Obviamente queremos que a competición se retome como todos os equipos desta liga. O que nos gusta é xogar ao fútbol e facendo iso é como somos felices. Despois do traballo realizado por nós e polo corpo técnico, queremos que isto continúe sexa cando sexa. Pero toca esperar, quedar en casa e ver como todo evoluciona".

A nivel particular está "moi contenta na Coruña tanto coa directiva como coas miñas compañeiras. Aí vese reflectida a miña renovación".

Subliña que esta campaña "é incrible. Moitas de nós estamos a cumprir os nosos soños. Poderei definila como unha temporada de ilusión. Puiden debutar dunha gran maneira nesta liga, o nivel é moi, moi alto. Hai grandes xogadoras. O meu primeiro referente é Jennifer Hermoso. De estar á ver pola tele o ano pasado a disputar un partido contra ela e contra todos os demais equipos é un soño".

Por este motivo, "estou a callar unha buenísima temporada a nivel individual. Sigo recibindo as chamadas da selección española (sub-19). Renovei até o 2021. O Dépor ABANCA apostou por min e eu apostei polo Dépor ABANCA", apunta.

Prefire non falar do futuro porque "é algo que non se pode saber. Hai que vivir o presente. Iso si, de nena o que pensas é unha convocatoria coa selección ou chegar a Primeira, que eu cumprín iso".

Iso si, opina que o proxecto que está a armar o Deportivo ABANCA "é un proxecto de futuro porque todas somos xogadoras novas. Está a tentarse manter o grupo".