RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea regresa á selección sub-20

Athenea del Castillo foi convocada pola selección española sub-20 para unhas xornadas de adestramento na localidade malagueña de Marbella.

A dianteira cántabra do Deportivo ABANCA regresa ao conxunto sub-20 despois do seu debut coa selección absoluta o pasado 23 de outubro no Estadio de La Cartuja de Sevilla fronte á República Checa (4-0).

A futbolista desprazarase a terras andaluzas tralo partido de Primera Iberdrola deste domingo 22 ante o Atlético de Madrid en ABANCA-RIAZOR (16:15 horas, Gol) para concentrarse desde o vindeiro luns 23 até o xoves 26 de novembro.