RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea reincorporouse esta tarde aos adestramentos do Dépor ABANCA

- Foto: @SeFutbolFem -

Tres futbolistas do Deportivo ABANCA tiveron compromiso onte martes 15 de xuño coas súas respectivas seleccións nacionais: Athenea del Castillo, Stephannie Blanco e Noelia Bermúdez.

Das tres internacionais, Athenea chegou esta mesma mañá á Coruña e reincorporouse esta mesma tarde aos adestramentos co Dépor ABANCA, que prepara desde o luns o partido ante o Real Betis deste sábado 19 de xuño ás 11:00 no campo Municipal Felipe del Valle.

Ante Dinamarca onte en Alcorcón, a atacante deportivista saltou ao campo após o descanso ao substituír a Marta Cardona nun partido que decidiron para as hispanas (3-0) os goles de Aitana Bonmatí (2) e Patri Guijarro.

Pola súa banda, Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco teñen previsto aterrar mañá xoves 17 de xuño pola mañá no Aeroporto da Coruña. Ambas as futbolistas adestraranse pola tarde en Abegondo, con tarefas de recuperación despois dunha longa viaxe transoceánica.

Na segunda cita da selección de Costa Rica ante Guatemala onte martes, no Complejo Deportivo Fedefútbol Plycem, tanto Noelia Bermúdez como Stephannie Blanco foron titulares e a central deportivista anotou o segundo tanto de Costa Rica aos 32 minutos de xogo na súa folgada vitoria (4-1) ante as guatemaltecas. No transcurso da segunda metade, foron substituídas por Génesis Pérez e Diosa Barreth respectivamente.