RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Atinado comezo de ano 2022 para o Alevín A

Un Alevín A acertado de cara ao gol arrincou 2022 cun novo triunfo (9-0) ante o Imperátor OAR, en partido correspondente á 3ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña.

Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Raúl -2-, Martín Forján -2- e Pablo Somoza foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Alevín A suma 9 puntos de 9 posibles á fronte da táboa.

Alevín A: Martín, Hugo González, Nico, Pablo Vara, Lucas Vázquez, Antón, Iago Lameiro e Pablo Somoza. Tamén xogaron: Gabri, Lucas López, Guille, Raúl, José Quiroga e Martín Forján.

A próxima fin de semana, o Alevín A enfróntase ao Atlético Coruña Montañeiros Cf.

Os resultados do Alevín A en liga son os seguintes:

Alevín A 8 (Raúl -4-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Antón) - Orillamar SD 0
Club Xesuitinas 1 - Alevín A 5 (Martín Forján -2-, Gabri, Antón e Raúl)
Alevín A 9 (Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Raúl -2-, Martín Forján -2- e Pablo Somoza) - Imperátor OAR 0