RCD / NOVAS

Aviso importante: os socios deberán recoller invitación na OAD para poder ver o Dépor Abanca-Oviedo

13/03/2018 12:46

O Real Club Deportivo notifica a todos os seguidores do Dépor Abanca e aos seus socios en xeral que para o acceso ao partido Deportivo Abanca - Real Oviedo que se disputará en Ponte dos Brozos o próximo 25 de marzo ás 17:00 horas será obrigatorio retirar invitación previa.

Ante a expectación suscitada pola partido clave da temporada no Grupo I da 2ª Nacional e dada a capacidade limitada da instalación branquiazul, todos aqueles que queiran asistir ao encontro deberán recoller a súa invitación na Oficina de Atención ao Deportivista no seu horario habitual (ou o sábado 17 de marzo, coincidindo co partido Dépor-Las Palmas, de 10:00 a 13:00 h. nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor).

As invitacións, até completar capacidade, pódense recoller, presentando o carné do Deportivo, desde o mércores 14 de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas na Oficina de Atención ao Deportivista. Para este partido non se venderán entradas en despacho de billetes e só poderase entrar con invitación.