RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Babel e Navarro, novidades na lista de convocados para recibir mañá xoves ao Leganés

  Ryan Babel e Fernando Navarro son as dúas novidades na lista 18 xogadores convocados para o partido de mañana xoves 22 de setembro en Riazor (20.00 horas, Bein Sports) ante o CD Leganés, na quinta xornada da liga Santander. &n

O atacante holandés estréase nunha convocatoria despois da súa chegada ao Club ao peche do mercado de verán; e o defensa internacional regresa tras recibir hoxe mesmo a alta médica. 
 
Esta tarde, con só Joselu e Sidnei á marxe do grupo, o persoal tivo, ademais de rondos, un traballo de posesión, finalizacións con aperturas a bandas e chegadas; e, para concluír, un partido en espazo reducido xa con varios futbolistas, os que acumulan máis minutos de xogo, de regreso ao vestiario.
 
Mañá, os convocados concentraranse ás 13.00 horas no Hotel Meliá María Pita, xa ata a hora do partido.
 
O persoal adestrarase de novo en Abegondo o venres 23 de setembro ás 10.30.