Baixas no Deportivo B por sanción de Vilarchao e Iván Campos
Os fabrilistas Iván Campos e Vilarchao non estarán este sábado por sanción
ante o Sporting Guardés, ás 17:30 en 'O Mundo do Fútbol'. Tampouco está
entre os citados Pablo Fernández, lesionado.
CURIOSA MARCA FABRILISTA
O Fabril Deportivo B, líder do grupo I de Terceira División, ostenta unha curiosa
marca no fútbol español. Ademais do Don Benito de Estremadura e o Huesca,
o Fabril, entre as categorías nacionais (Primeira, Segunda, Segunda B e
Terceira), aínda non coñece a derrota lonxe de Abegondo. Unha proba máis da
boa marcha do equipo de Perico Ramallo.