RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Barragán e Cobián viaxan mil quilómetros o día de descanso para dar ánimos ao valisoletano Óscar Sánchez

Detallazo de Antonio Barragán, un futbolista de gran proxección e aínda mellor persoa, e do médico do Deportivo, César Cobián. O lateral deportivista xogou onte o noventa minutos do partido entre o Dépor e o Levante. Ao finalizar o choque, e tras atender

No recinto valisoletano agardaba Óscar Sánchez. O futbolista do Valladolid caeu lesionado de gravidade nun xeonllo no partido de ida da Copa do Rei en Riazor nun lance fortuíto con Antonio Barragán. Nada máis coñecerse o alcance da súa lesión, ao día seguinte do encontro na Coruña, o pasado 31 de xaneiro, tanto o xogador do Dépor como o doutor Cobián e o Delegado do Club, Juan Anxo Barros, puxéronse en contacto co Valladolid e co futbolista castelán para expresarlle todo o apoio do vestiario branquiazul. Hoxe luns, e sacrificando o día de descanso, preferiron estar xunto a el un intre para darlle ánimos en persoa e interesarse pola súa recuperación. "Está moi agradecido pero a verdade é que era o menos que podiamos facer", comentou Barragán. "Contounos como aos poucos vai mellorando e que, como é normal, ten días mellores e peores", explica o internacional deportivista.
Ademais dos dous futbolistas e do doutor César Cobián estiveron presentes en Zorrilla Pablo Grande, médico do Valladolid, e Alberto López Moreno, Secretario da Asociación de Fútbolistas Españois.
O futbolista e o médico do Deportivo xa están de camiño á Coruña, e teñen previsto chegar á hora para comer. Mañá martes xa hai adestramento no Mundo do Fútbol ás 10.30. En total, case 1.000 quilómetros percorridos no día de asueto. Pero Barragán e Cobián aseguran que "o esforzo valeu a pena. Sen dúbida".