RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Barragán: O Sevilla é favorito pero imos ver se non acusan o esforzo da liga e a UEFA

Antonio Barragán compareceu esta mañá ante os medios informativos no Mundo do Fútbol. O lateral deportivista adéstrase por primeira vez esta semana tras a súa participación, ademais de Fabricio, que xogou a segunda metade, no amigable entre a Selección Es

Respecto do seu emparellamento na Copa do Rei co Sevilla, Barragán, criado na canteira hispalense, cre que será "moi complicado" o pase á final, porque "eles están en condicións de gañar o tres competicións que participan". Por iso opina que o Sevilla é o favorito na eliminatoria, "aínda que imos ver se o esforzo que fagan na liga e na Copa da UEFA non lles pasa factura".
Barragán restou importancia ao seu decisivo gol ante o Xetafe o pasado domingo en Riazor. "O único que penso é en axudar ao equipo", opina, á vez que reitera que o seu único obxectivo é "traballar e aprender toda a semana para que o adestrador conte comigo nos partidos".
A piques de inaugurar un Club de Fans en Corcubión, Barragán, "encantado" con esta iniciativa, asegura que ésto motívalle aínda máis para pelexar por un posto no equipo titular e facer as cousas ben.
Asiste á rolda de prensa de Antonio Barragán en Canaldeportivo.tv