RCD / NOVAS

Beatriz Cuesta Arribas e Javier Iglesias Villanueva dirixirán as finais do Trofeo Teresa Herrera

09/08/2019 11:29

Os colexiados galegos Beatriz Cuesta Arribas e Javier Iglesias Villanueva dirixirán as finais do Trofeo Teresa Herrera feminino e masculino, ás 18:30 e 21:00 horas respectivamente, mañá sábado en ABANCA-RIAZOR.

Así, no encontro entre o Deportivo ABANCA e o UD Granadilla, coa VII edición feminina en xogo, Beatriz Cuesta estará auxiliada nas bandas por Iria Rosendo e Lorena Navas. Eugenia Gil será a cuarta árbitra.

Pola súa banda, na LXXIV edición masculina que enfronta ao Deportivo e ao Real Betis, Javier Iglesias Villanueva estará acompañado por Adrián Díaz e Ricardo Landrove. Daniel Pastoriza exercerá de cuarto árbitro.