Benxamín A e Fabril FC Benxamín cítanse mañá co Trofeo Mini Teresa Herrera
Os dous equipos benxamíns do RC Deportivo teñen cita mañá luns 21 de xuño na Torre co Trofeo Mini Teresa Herrera. Ambos arrancan a competición en oitavos de final, que serán a partido único.
Así, o Benxamín A enfróntase ao Sporting Coruñés SD ás 19:00. Unha hora antes, ás 18:00, o Fabril FC Benxamín mídese ao Orillamar SD.