RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Benxamín B e Real Madrid ven as caras no Torneo Concello da Estrada, este sábado 25

O Benxamín B e Real Madrid veranse as caras nun dos partidos da Primeira Fase da IV edición do Torneo Concello da Estrada, o vindeiro sábado 25 de maio, organizado polo Escola Estrada Fútbol Base no Novo Campo Municipal da Estrada.

A SD Villestro será o terceiro equipo do grupo C, no que está encadrado na Primeira Fase o cadro deportivista.

O calendario do Benxamín B é o seguinte:

Primeira Fase
9:55: SD VILLESTRO - BENXAMÍN B (campo 1)
11:35: BENXAMÍN B - REAL MADRID (campo 1)

Segundo clasificación, os equipos pasan a unha Segunda Fase, que arranca a partir das 12:00 horas, da que sairán os cruces de cuartos de final.

FC Porto, EF Portero 2000 e UD Santa Mariña, primeiros rivais do Alevín B no Galo Cup 2019

O Alevín B participa este sábado 25 de maio na X edición da Galo Cup, no Municipal do Camballón, en Vila de Cruces (Pontevedra).

O conxunto deportivista terá como primeiros rivais ao FC Porto, EF Portero 2000 e UD Santa Mariña.

O calendario de partidos do equipo que prepara Luis Pastur é o seguinte:

Primeira Fase
10:25: ALEVÍN B - EF PORTERO 2000 (campo 1)
12:05: UD SANTA MARIÑA - ALEVÍN B (campo 1)
15:25: ALEVÍN B - FC PORTO (campo 1)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 16:45 horas.