RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bernardo Tapia: "Ao final, o fútbol en parte fixo xustiza"

Bernardo Tapia, segundo adestrador do Deportivo, manifestou na sala de prensa do Estadio Gran Canaria que este punto senta "fenomenal porque xa se nos escapaba o partido. Marcar no último instante é unha satisfacción impresionante".

O técnico deportivista cre que "o 1-0 era de xeito evidente inxusto. Ao final, o fútbol en parte fixo xustiza".

Indica Bernardo Tapia que "se miramos un pouco todo o partido, a proposta nosa sempre foi a de buscar a portería contraria, con máis ou menos acerto. A primeira parte faltounos un pouquiño de decisión. Na segunda recibimos o gol moi pronto e a partir de aí o equipo quitouse un pouco a responsabilidade e empezou a mirar a portería contraria; e a xerar situacións de perigo. Non decidimos ben nos últimos metros, faltounos un pouco de máis ambición, de máis seguridade nas accións individuais. Ao final fomos merecedores como mínimo do punto, que considero que mereciamos máis".

Explicou a xogada da súa expulsión: "Estás nervioso. A min dáme a sensación que o míster do rival dille algo ao noso xogador e eu vou defender ao meu xogador. Non houbo insultos, non houbo nada. Simplemente é o momento do calentón e que eu vou defender porque penso que lle dixo algo ao meu xogador. Que non o falei aínda con el pero dáme a sensación, pola resposta de Carles".

"Cometín un erro demasiado grave, quentarme máis da conta e expulsáronme simplemente", resolveu o segundo adestrador branquiazul.