RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bertamiráns convértese na primeira sede da Escola RC Deportivo fóra da Coruña

A Escola RC Deportivo abrirá as súas portas por primeira vez lonxe da Coruña, concretamente en Bertamiráns, no concello de Ames.

Precisamente, o Concello de Ames acolleu hoxe xoves a presentación do acordo. Rafael Budiño (presidente do Bertamiráns FC), José Miñones (Alcalde de Ames), Susana Señoris (concelleiro de cultura e deportes de Ames), Sergio Penas (director deportivo do Bertamiráns FC) e Pablo Barros (coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo) representaron no acto a todas as partes implicadas.

As inscricións xa se atopan abertas, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, na web escola.rcdeportivo.es/gl. A Escola RC Deportivo de Bertamiráns, terá 2 quendas dispoñibles, os martes de 16:30 a 17:30 ou de 17:30 a 18:30 horas, coa opción de poder adestrar 1 ou 2 horas á semana.

Durante o mes de marzo realizaranse as inscricións e no mes de abril comezarán as clases, que levarán a cabo durante o último trimestre, nos meses de abril, maio e xuño, seguindo o calendario escolar.

A Fundación Real Club Deportivo ten activa, por segunda temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.