RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Bo empate do Fabril en Vigo ante un Rápido de Bouzas que desperdiciou un penalti

O Fabril sacou un punto (0-0) na súa visita ao campo Baltasar Pujales, en partido correspondente á 6ª xornada en Tercera RFEF, ante un Rápido de Bouzas que desperdiciou un penalti na segunda metade.

En Vigo, o filial branquiazul saíu mandón e fíxose co control do xogo nos primeiros minutos. Aínda que o Rápido conseguiu aos poucos ir mellorando, ao descanso chegouse sen goles. O dianteiro xuvenil Martín Ochoa dispuxo da mellor ocasión para marcar por parte deportivista.

Na segunda metade o conxunto vigués tomou as rendas. Dominou por momentos ao Fabril e até fallou un penalti nas botas de Álex Rey.

O banco fabrilista reaccionou e Barba entrou ao terreo de xogo para tratar de igualar o partido. Pouco despois fixérono Jesús Ares e Iván coa clara intención de ir a polos tres puntos nun último arreón, que foi xa insuficiente.

Ao final, empate sen goles que permite ao Fabril sumar 12 puntos nos postos altos da clasificación. O filial branquiazul non coñece a derrota no que vai de liga.

Fabril: Hugo Ríos, Marc, Puerto, Dani Barcia, Iano Simão, Iñaki, Brais Val, Jairo, Diego Gómez, Nájera e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Barba, Jesús Ares, Iván e Marcel.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao Viveiro CF.

Os resultados do Fabril en liga son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0