RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Bo inicio da Liga Comarcal do Benxamín A, vitorioso na súa visita ao Olímpico A

O Benxamín A arrancou de forma positiva a Liga Comarcal ao vencer ao Olímpico CF A (0-6) no Complexo Deportivo de Vilaboa.

Pablo Somoza -2-, Hugo -2-, Pablo Vara e Martín Forján foron os goleadores branquiazuis nun encontro correspondente á 2ª xornada, posto que a 1ª, prevista o pasado sábado, foi aprazada polo temporal de vento e choiva que azoutou ese día A Coruña e a súa comarca.

Benjamín A: Martín, Lucas Vázquez, José Quiroga, Pablo Vara, Iago Varela, Javi, Rodrigo e Pablo Somoza. Tamén xogaron: Lucas López, Iago Lameiro, Martín Forján, Raúl e Hugo.

O mércores 11 de decembro, ás 18:00 en Abegondo, o Benxamín A recibe ao Betanzos CF en partido correspondente á 3ª xornada.

Os resultados do Benxamín A na Liga Comarcal até a data son os seguintes:

Benxamín A - Outes CF, aprazado
Olímpico CF A 0 - Benxamín A 6 (Pablo Somoza -2-, Hugo -2-, Pablo Vara e Martín Forján)